Vigo al minuto

O CETMAR participa nun proxecto europeo para mitigar o impacto dos parasitos do pescado

Una pescadería de Vigo

Mitigar o impacto de parasitos presentes en produtos da pesca europeos e de importación a través de novas solucións tecnolóxicas e ferramentas de xestión é o obxectivo xeral do proxecto PARASITE, unha iniciativa na que está a participar o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e que está financiada polo sétimo Programa Marco de I+D da Unión Europea.

Ase o informan dende o CETMAR que sinalan que durante os vindeiros tres anos, a súa Fundación  traballará neste proxecto liderado polo doutor Santiago Pascual, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, formando parte dun consorcio multidisciplinar integrado por outras once institucións de investigación europeas e tres asiáticas, así como por seis pemes europeas.

Os principais resultados de PARASITE materializaranse en avances cara a mellora da seguridade alimentaria, cos conseguintes beneficios para a saúde pública e a confianza do consumidor, no fortalecemento da competitividade dos produtos europeos da pesca dende o barco ao prato e na potencial repercusión que isto terá na mellora das políticas europeas de seguridade alimentaria.

A reunión inicial do proxecto terá lugar os vindeiros 7 e 8 de febreiro na sede do CETMAR, onde se darán cita representantes de todas as institucións que forman parte do consorcio. A apertura oficial da reunión celebrarase na sede do Instituto de Investigacións Mariñas da institución coordinadora.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.