Comarcas

A Deputación dixitaliza os fondos dos arquivos municipais dos concellos de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través dos seus servizos de Novas Tecnoloxías e de Patrimonio Documental e Bibliográfico, iniciou os traballos de dixitalización dunha parte importante do fondo documental existente nos arquivos municipais dos concellos da provincia.

O proxecto, enmarcado na iniciativa eDepo, a Administración nun Click financiado polo Ministerio de Industria,Enerxía e Turismo mediante o Plan Avanza, permitiu a creación dun Centro de Coñecemento avanzado para a dixitalización dos fondos documentais, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Arquivo Provincial e dos fondos documentais dos concellos da provincia, a excepción dos de Pontevedra e Vigo.

Coa creación deste centro de coñecemento perséguense obxectivos fundamentais como contribuír á conservación dos fondos existentes no Arquivo Provincial e nos arquivos municipais da provincia tamén por a disposición dos cidadáns o acceso por medios telemáticos aos fondos dixitalizados e crear un conxunto de e-Servizos que permitan acceder a todo o patrimonio cultural, contribuíndo desta forma á súa difusión.

O alcance previsto dentro desta iniciativa inclúe unha primeira fase que abarca a dixitalización dos fondos documentais, bibliográficos, gráficos, cartográficos, sonoros a audiovisuais do Arquivo Provincial. Esta primeira fase, en marcha na actualidade, iniciouse a finais do ano 2011 e o seu remate é inminente.

Por outra banda, o proxecto inclúe unha segunda fase que abarca a dixitalización dos libros de actas de plenos municipais e os expedientes de división territorial existentes nos arquivos municipais da provincia de Pontevedra.

Esta segunda fase iniciouse nos arquivos ds concellos de Cotobade, Ribadumia e Cerdedo e comezará en Lalín o próximo luns, día 11, contemplando no seu alcance todos os arquivos municipais da provincia a excepción dos de Pontevedra e Vigo. Para a realización dos traballos cóntase con escáneres cenitais de última xeración, recomendados para a dixitalización de fondos antigos e especialmente valiosos, que garanten un resultado final da máxima calidade.

Os procesos de dixitalización postos en marcha inclúen unha serie de tarefas orientadas, non só a dixitalización propiamente dita, senón tamén a garantir a correcta catalogación dos fondos co obxectivo de facilitar a localización e consulta dos mesmos.

Entre as etapas mais relevantes que inclúe este proceso cabe salientar a análise da información de catalogación dos diferentes recursos documentais existentes e a súa estandarización e normalización; a dixitalización dos fondos incluíndo a xeración dunha copia en alta resolución para a súa preservación e de copias de traballo a menor resolución e preparadas para a súa difusión na Internet; a xeración de metadatos descritivos de catalogación que permiten a correcta identificación, conservación e busca das obras dixitalizadas; e a inclusión dos obxectos dixitais xunto cos metadatos no xestor documental da Deputación para dar soporte á explotación e difusión do patrimonio dixitalizado.

Segundo informa hoxe o organismo provincial, as actividades postas en marcha constitúen o inicio dun proxecto concibido a longo prazo e que continuará cunha das iniciativas pertencentes ó proxecto DepoTIC, a tecnoloxía nas túas mans, no cal está prevista a continuación do proceso de dixitalización así como a implantación dun novo sistema de xestión arquivística e bibliográfica que contribúa a mellorar o proceso de catalogación dos fondos e a súa difusión na Internet.

Según Amancio Varela, xefe de servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra «coa posta en marcha desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra garante a conservación dos fondos documentais xestionados pola institución e os concellos da provincia ao contar cos documentos en formato dixital, o que minimiza a necesidade de manipulación dos orixinais. Por outra banda, permitirá a difusión dos mesmos aos cidadáns grazas a implantación de ferramentas de consulta a través de internet».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.