Galicia

Traballadores da TVG denuncian «un aumento da manipulación informativa» cos casos de corrupción

A través dun comunicado, o comité de empresa da televisión pública galega denuncia as «presións e intervencións» que, segundo alertan, reciben «acotío» os profesionais do medio. Os traballadores salientan que esta situación «agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado caso Bárcenas».

Os representantes dos traballadores consideran «especialmente penosas e vergoñentas» estas prácticas de «manipulación da televisión pública» no actual contexto de «grave crise económica e profundo deterioramento político e social». «Xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada exixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva», destacan.

Ademais, o comité de empresa denuncia «a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais» e que garanta «a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos».

Novas vencelladas: Información  da TVG sobre a entrega dos ‘papeis de Bárcenas’ por parte do diario ‘El País’

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.