Galicia

O PP rexeita deixar de subvencionar aos colexios que segregan aos alumnos en función do sexo

A iniciativa plantexada por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) no Parlamento de Galicia na que se pedía a supresión da financiación pública por parte da Xunta aos colexios que segregan aos seus alumnos por sexo, foi rexeitada cos votos de Partido Popular. AGE baseaba a súa moción en que a segregación “supón o quebramento da norma que regula os concertos con centros de ensino” e que, por ese motivo tiña que rematar a financiación pública aos mesmos.

O deputado de AGE Ramón Vázquez aludiu a diferentes sentenzas do Tribunal Supremo nas que se rexeita que a Administración asine convenios e subvencione a este tipo de escolas, argumento que foi rexeitado pola representante do PP, Marisol Piñeiro quen, logo de anunciar que o seu grupo non votaría “a prol da demagoxia dos que manteñen unha posición se gobernan e outra se están na oposición”, defendeu que o Goberno galego “actúa dacordo coa legalidade” ao manter os concertos con estos centros. Piñeiro subliñou que as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinalan que “non hai limitación para financiar estos centros”.

En Galicia hai 5 centros educativos que segregan ao alumnado en función do sexo:  Peñarredonda e Montespiño, en A Coruña, e Las Acacias, Montecastelo e Aloya, en Vigo que, segundo cálculos das centrais sindicais, reciben uns 3 millóns de euros anuais a través de concertos coa Consellería de Educación.

O Tribunal Supremo (TS), en dúas sentenzas referidas a dos centros de Cantabria e Andalucía, nega a “posibilidade de concentra coa Administración o seu sostemento con fondos públicos”, sentenzas ás que se acolle Alternativa Galega de Esquerda (AGE), mentras que a Xunta resposta que outras dúas sentenzas, neste caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aproban a concesión de cartos públicos a escolas de orientación relixiosa.

 

También te puede interesar