Vigo al minuto

O BNG pregúntalle á ministra Pastor, no Congreso, cándo vai a baixar a peaxe da AP-9 entre Vigo e Pontevedra

A portavoz do BNG no Congreso rexistrou unha iniciativa parlamentar para preguntarlle á Ministra de Fomento cándo se vai pór en marcha a reducción dos prezos das peaxes anunciada para o tramo situado entre Vigo e Pontevedra. A deputada do BNG quer saber cal vai ser a contía da rebaixa e se se van incluir outros tramos da AP-9.

Olaia Fernández lembra que o Bloque se dirixiu a Fomento en numerosas ocasións para que procurara unha rebaixa dos prezos das peaxes da AP-9 debido aos seus elevados custes. Esta circunstancia, segundo o BNG, está provocando unha auténtica “espantada de automovilistas e usuarios que deixaron de utilizar a autoestrada». No último ano, e segundo dados de Fomento, o  tráfico no tramo Vigo-Pontevedra descendeu en máis dun 8%, cifra que se debe sumar ao descenso do 6% nos tres últimos anos.

“Ademáis de ser a peaxe máis cara da AP-9, o prezo desta peaxes, igual que outras desta autoestrada, viuse sometida a excesivas e abusivas subas que nos últimos dez anos levou a un incremento dun 50%”, sinala a voceira nacionalista.

A deputada do BNG alude ás declaracións da Ministra de Fomento anunciando a sinatura dun protocolo coa concesionaria AUDASA para incluir a cuestión das rebaixas das peaxes e pide a Ana Pastor que informe da data na que podería entrar en vigor estas reduccións das peaxes, así como de si se van incluir outros tramos da AP-9-

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.