RGPD - Cookies
Galicia

De Luns a Venres deixa de ser diario e pasa a semanal

Este 25 de xaneiro, é o último día que sairá a rúa LV.De Luns a Venres, o xornal gratuíto en galego do Grupo El Progreso, que reaparecerá convertido en semanario o vindeiro 8 de febreiro, segundo unha información que hoxe difunde o propio medio. Na mesma nota sinalase que a nova publicación semanal aumentará as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.

Dende vigoalminuto, ademáis de desexar aos nosos compañeiros de Luns a Venres a mellor das sortes, lamentamos esta nova, máis aínda tendo en conta que, segundo asegura o propio medio no seu derradeiro número, «LV pechou o ano 2012 como o cunha suba no número de lectores 34,29%”.

 

También te puede interesar