RGPD - Cookies
Galicia

A presidenta do Parlamento de Galicia non deixará que os grupos leven invitados aos Plenos

A presidenta do Parlamento de Galicia ven de comunicar aos catro grupos políticos da cámara que xa non teñen a potestade de levar invitados ás sesión do pleno do Parlamento e que ela asume, “en exclusiva”, a decisión de decidir quén poderá entrar na tribuna. Pilar Rojo indicou que quere “asegurar o mantemento do orden nos plenos” logo dos incidentes protagonizados por distintas asociacións e colectivos.

Rojo tentará, deste xeito, poñer freo ás protestas por parte do público durante as sesións, logo de que afectados pola compra de Prefrentes chegase a “insultar e ameazar” a deputados do Partido Popular, segundo denunciaron membros desta formación.

Dende agora será só a presidenta quen xestione a lista de invitados coma medida anterior a tomar a decisión que xa adoptou a Asamblea de Madrid, na que está prohibida a entrada de invitados aos plenos logo das reivindicacións en defensa da sanidade pública.

Ante esta decisión, a reacción dos grupos da oposición foi a de esixir a Rojo que de volta atrás na mesma e, no caso de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), advertir quede non atender esta reclamación, o grupo parlamentar procederá polas vías legalmente dispoñíbeis contra a referida decisión e a pauta de conducta da Presidencia, que se traduce en actos inxustificados e que atinxen aos máis elementais principios e normas constitucionais que inspiran e regulan unha democracia parlamentar”.

 

También te puede interesar