RGPD - Cookies
Cultura

‘Vilamor’ presenta a súa candidatura aos Premios Mestre Mateo

A próxima edición dos Premios Mestre Mateo está xa quentando motores, e Vilamor ven de presentar a súa candidatura aos académicos que teñen dereito a voto. Estreada en marzo de 2012, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez, xunto cun nutrido e talentoso grupo de actrices e actores galegos chamados xa a «xeración Vilamor», a película percorreu salas de cine de Galicia e do estado, completando tamén no extranxeiro, e no marco de festivais internacionais do nivel do Cairo ou Nova York, este intenso e satisfactorio camiño cara ao espectador.

E agora volven á casa e “expoñemos a nosa obra á valoración dos compañeiros, de todos eses que logran co seu traballo diario que o sector audiovisual galego siga vivo e cheo de proxectos a pesar dos malos tempos que corren”.

Para todos os académicos que non tiveron oportunidade de ver Vilamor, o vindeiro mércores 30 de xaneiro, en A Coruña, os productores organizan un pase da cinta a fin de que poidan ter unha referencia de primeira man para votar.

 

 

También te puede interesar