Deportes

O Seis do Nadal de Baloncesto organiza, un ano máis, as ligas internas de colexios

A última das edicións da Liga Interna de Colexios Linco-Linorsa 2012, supuxo un gran éxito para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, xa que “foron cumpridos os obxectivos marcados para esta competición escolar superando tódalas expectativas sobre o número de participantes”.

A mellora técnica e formativa de todos e cada un dos nenos e as nenas foi notable e púidose seguir nesta competición escolar que contou con 15 xornadas nas que se levaron a cabo en cada unha delas 6 encontros de categoría benxamín e outros 6 partidos de categoría alevín, tendo disputados preto de 200 partidos desde febreiro ata maio.

Por este motivos o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará por undécimo ano consecutivo unha nova edición desta Liga Interna de Colexios (LINCO) que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Navia tódolos venres, desde o mes de febreiro ata maio, de 16:15 a 18:00 horas.

Nesta nova edición da Liga LINCO – Linorsa 2013 participarán as 11 Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia: as Escolas Deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Colexio Don Bosco; así como as tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos, e Navia; e a escola deportiva do CEIP Carrasqueira como escola convidada nesta edición; xuntando a máis de 200 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

 

 

También te puede interesar