RGPD - Cookies
Galicia

Educación anuncia a creación de 222 postos de mestres e inspectores e os sindicatos o tachan de «pantomima»

Segundo ven de anunciar nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará 222 prazas de mestre e de inspectores de educación este ano, un anuncio que os sindicatos xa calificaron de “raquítico xa que, salientan, non vai a compensar, “nin de lonxe” nen as xubilacións nen a destrucción de emprego.

Segundo Educación  a oferta abrangue 200 prazas para mestre en Educación infantil, Inglés, Pedagoxía terapéutica e Audición e Linguaxe, xunto a 22 de inspectores de educación. A consellería salienta que “Galicia se posiciona coma a segunda comuniade que máis prazas convoca e a primeira na relación entre número de alumnos e profesores”.

Pero, esta afirmación non ten nada que ver coa perspectiva que teñen as centrais sindicais que indican que está “pensada para seguir reducindo profesorado«, ao tempo que denuncian que a Xunta o que plantexa é “un verdadeiro ERE encuberto, posto que Galicia xa perdeu 3.000 profesores».

Ademáis aseguran que o Goberno galego «non explica a repartición e non da os datos de xubilacións deste ano e do pasado exercicio” o cal, segundo os representantes dos traballadores non cumpre co compromiso de  facer unha taxa de reposición do 10%, compromiso ao que se chegou, ao tempo “impón unha oferta que non vai resolver os recortes de profesorado”.

 

También te puede interesar