Comarcas

O BNG pide a rehabilitación da biblioteca munipal de Mondariz

Estado actual de la biblioteca municipal de Mondariz

O BNG de Mondariz presentara no vindeiro pleno da corporación unha iniciativa para a redacción do proxecto de rehabilitación e redifinición de espazos da biblioteca, informaron hoxe fontes nacionalistas.

A través dunha nota de prensa, lembran que o edificio, situado no centro da vila, está actualmente en estado de abandono. O obxectivo é o de recuperar o inmoble para transformalo nunha instalación  multifuncional  e moderna, facilitando o acceso ás novas tecnoloxías e a cultura os veciños , máis aínda, nestes intres de crise económica, que impiden tal acceso a moitas familias.

O inmoble da antiga Biblioteca Municipal de Mondariz, permanece pechado  dende o 2007 debido ó mal estado no que se atopan as instalacións do edificio.

Dita situación, «é consecuencia do abandono  ao que ten sido sometido o inmoble dende a súa construción por parte do goberno do PP en Mondariz, quen nunca adicou recurso algún para garantir o seu  mantemento e conservación a pesares da inmellorable localización do recinto», manifestou o portavoz municipal do BNG, Xosé Emilio Barros.

Barros sinalou que este desleixo por parte do goberno de Julio Alén para modernizar as instalacións, forzou o traslado «provisional» -según afirmacións do alcalde no seu momento- das instalacións da biblioteca a unha aula da antiga escola de Riofrío-Vilar, onde permanece dende hai 5 anos sen valorizar e nunha situación de total precariedade.

No seu día, o PP plantexou a demolición de tal inmoble do centro da vila, en contra da posición que defendeu o BNG, que «apostamos pola rehabilitación do inmoble» e lembrou que «todas estas cuestións non foron tidas en conta polo grupo de goberno e optou incomprensiblemente polo traslado das instalacións, pola construción dun novo e faraónico inmoble que o alcalde cuantificaba en máis de 1,3 millóns de €, seguindo a estela doutros exemplos  de obras públicas infrautilizadas».

Compre sinalar, que nos últimos anos o concello ven recibir unha serie de achegas extraordinarias -plans de inversión estatais e provinciais- por valor de aproximadamente 2 millóns de euros, a maiores do propio orzamento municipal, «e que o goberno municipal non foi quen de saber priorizar, malgastando fondos públicos en obras como a de unha piscina, pechada e en estado de abandono», comentaron dende o BNG.

Os nacionalistas reclaman do alcalde que xestione coa máxima urxencia a implicación por parte da Xunta e da Deputación Provincial neste proxecto, por tratarse dun servizo prioritario para Mondariz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.