Vigo al minuto

Alternativa Galega de Esquerda presenta en Vigo a Asamblea de Movimentos Sociais

Manuel Verísimo (Espazo Ecogaleguista), Rubén Pérez (Esquerda Unida) Miríam Rodríguez (ANOVA) Serafín Valencia (EQUO)

Representantes de Anova, Equo, Esquerda Unida e Espazo Ecogaleguista, formacións conformantes de Alternativa Galega de Esquerda, presentaron hoxe en Vigo este primeiro encontro da Asemblea de Movementos Sociais promovida por AGE, a celebrar o vindeiro sábado 26 de xaneiro a partir das 5 centro parroquial Cristo da Victoria en Coia.

Os membros de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Vigo suliñaron que este encontro pretende “axudar a emprendermos o vieiro necesario do encontro e do reencontro, á ineludíbel construción colectiva dunha grande alianza de movementos e organizacións sociais que sexa quen de impoñer, con todo dereito, a axenda da maioría social agredida.”

Lembraron que  “AGE constituíuse hai catro meses como unha alianza táctica dunhas poucas organizacións da esquerda para a acción política. Porén, a maioría dos seus membros proceden tamén da esquerda social e adquiriron o compromiso de utilizar a vía política institucional só como expresión da axenda da esquerda social. A primeira sen a segunda sería un exercicio estéril e, asemade, ilexítimo.”

Para AGE non se debe renunciar a ningún espazo de loita, mais somos conscientes de que só unha gran fronte social pode xestionar con éxito o que cremos que é un duro período de transición cara un novo modelo de sociedade. En todas e todos nós está a responsabilidade de facermos que esa nova organización da sociedade resposte aos desexos dos menos ou aos anhelos e dereitos dos mais”.

 

También te puede interesar