RGPD - Cookies
Comarcas

Esquerda Unida pide cursos para os 1.793 desempregados en Nigrán

 

A finais de 2012 o Nigrán resgistrou un total de 1.793 desmpregados, un 6,28% más que fai un ano, e dende Esquerda Unida(EU) piden ao Concello que organice  cursos de formación para eles.

A través de nota de prensa, EU sinala que as actuais políticas de recortes que están a levar os gobernos da Xunta e central «non fan outra cousa que agravar este problema» e a formación considera que, entre outros, é «o modelo produtivo o causante do paro e que para os desempregados a formación é algo imprescindible para ter unha saída individual ao seu problema».

Lembran que se prometeran moitos postos de traballo para os veciños de Nigrán no Polígono do Porto do Molle, «pero a realidade é que son moi poucos os empregados en dito polígono industrial e a maioría en postos de traballo de escasa cualificación».

Segundo EU, a maioría dos traballadores “cualificados” son de outros concellos.

Ase mesmo, a formación política lamenta que no ano 2011 só se celebrou un curso para desempregados por un centro privado e no 2012 non se celebrou ningún  curso dentro do Plan AFD, para desempregados.

«Por todo elo solicitamos ao Concello de Nigrán que adopte as medidas oportunas para que dende o Concello de Nigrán se celebren cursos de formación para desempregados dentro do plan AFD da Xunta de Galicia, actualmente con convocatoria no DOGA aberta ata o 31 de maio, e que non deixe pasar esta oportunidade de formación para os cidadáns de Nigrán», solicitan dende EU.

Para EU o Concello de Nigrán «no debe deixar a formación dos desempregados en mans unicamente da iniciativa privada».

También te puede interesar