Vigo al minuto

Folga xeral nos bancos nacionalizados, entre eles Novagalicia Banco, o 6 de febreiro

Pintadas na oficina principal de NGB na pasada folga xeral

UGT, CCOO, CIG, Csica, Confederación de Cuadros e CGT veñen de convocar unha xornada de folga xeral nos bancos nacionalizados, Banco de Valencia, Bankia e Novagalicia Banco, para o vindeiro 6 de febreiro.

A nova foi confirmada polo secretario xeral da Confederación de Servizos da Unión General de Trabajadores (UGT), quen anunciou que, ademáis, haberá manifestacións en sete cidades este mércores, día 23, e paros parciais nas devanditas entidades o 30 de xaneiro.

Os sindicatos decidiron facer un paro de 24 horas nas tres entidades, propiedade do Estado, porque “os xestores das mesmas non fixeron intento algún para chegar a acordos que recorten o número de despidos”. Ademáis, as centrais  subliñan que, aparte de non poder acadar acordos que supoñan medidas non traumáticas para os traballadores, “non hai garantías sobre o futuro dos bancos nin sobre o futuro das plantillas que quedan neles”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.