Vigo al minuto

Un milleiro de personas concéntrase ‘En defensa dos Servizos Públicos’ diante do MARCO

Ainda que hoxe sobre Vigo non parou de chover ao redor dun milleiro de personas atenderon á chamada de sindicatos, asociacións e partidos políticos e concentráronse diante do Museo de Arte Contemporanea (MARCO) ‘En Defensa dos Servizos Públicos’. Os representantes dos mesmos calificaron de “lamentables e ofensivos para a cidadanía” os orzamentos da Xunta e aseguraron que “o Partido Popular está a practicar un continuo roubo aos traballadores e traballadoras deste país”.

A concentración puxo, ademási, punto final ao peche que os traballadores dos hospitais vigueses mantiñan na entrada principal do Xeral dende o pasado martes.

Entre os asistentes estaba a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), no Parlamento de Galicia, quen indicou que “é necesario recuperar a dignidade que este goberno do Partido Popular, os mercados, o capital e a troika pretende arrebatarnos”, Yolanda Díaz, que estivo acompañada polo coordenador local de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, salientou que “ante unha agresión tan grave contra as traballadoras e traballadores deste país, é necesario tomar a rúa para para amosar o noso malestar, é necesario que o goberno do Partido Popular saiba que non imos a parar ata recuperar o que os nosos devanceiros conseguiron coa súa loita”.

Díaz considera que “canto máis nos usurpen, máis loitaremos, dende a rúa e dende as institucións”. Non temos medo, nin queremos ser partícipes dun sistema que desprotexe e conduce á miseria á cidadanía”.

Pola súa banda, a Confederación Intersindical Galega (CIG), denunciou que dende o inicio da crise económica, os Servizos Públicos e empregados Públicos, viven un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar “que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos”.

A central sindicalista subliñou que esta agresión que sufren os empregados públicos pódese resumir “nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laboráis” , ademáis de ir “reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas”.

Entre eles a CIG salienta unha rebaixa salarial anual nunha media do 5%, cun IPC do 2,9%. “Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas”. Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público; supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral; ampliación da xornada mínima nas administracións,  nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.

A elo “súmase a Reforma Laboral, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas”, supresión de días adicionais de vacacións, redución de días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano, supresión da paga extraordinaria do Nadal, “o que significa un 7% de redución salarial anual, anulación da posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios e, finalmente, “como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%,  minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%”.

 

También te puede interesar