RGPD - Cookies
Vigo al día

Dende este xoves, as piscinas municipales custan 11,25 € na tarifa xeral e 7,5 € para pensionistas

As piscinas municipais de As Travesas, Lavadores, Teis e Valadares ofrecen dende este xoves un novo sistema de abono para maiores de 16 anos que  permite acceso ilimitado ás instalacións, un 20% de desconto en actividades propias do titular, un 20% de desconto para actividades dos beneficiarios (menores de 16 anos), acceso libre ata con 5 acompañantes menores e prioridade nas inscripcións e lista de espera nas actividades.

Segundo asegurou o alcalde durante unha visita á piscina do Carme, os prezos serán de 11,25 € na tarifa xeral e para empadroados en Vigo, 15 € para os non residentes e de 7,70 € para pensionistas (10 € se non están censado na cidade). Abel Caballero salientou que  mantéñense os sistemas de acceso que existían ata o de agora: a tarxeta de 20 bonos válidos durante 6 meses e o acceso libre previo pago da entrada.

Respecto da oferta deportiva, hai 147 prazas ao mes para bebés, 3.400 prazas para clases de natación escolar; 3.800 prazas para natación infantil; 3.100 para adultos e, finalmente, 60 para natación especial. En total, apuntou, hai 7.500 prazas para aboados, dado que As Travesas ten un aforo de 3.000, mentres que as outras tres, de 1.5000 prazas cada unha.

A estas 7.500 prazas con tarxeta hai que sumar outras 10.000 prazas adicionais de cursos. En total, dixo, hai oferta para 17.500 usuarios. O rexedor lembrou que estas catro instalacións deportivas recibiron 600.000 usos, ou “o que é o mesmo, cada vigués foi un promedio de dúas veces ao mes durante o ano pasado”.

 

También te puede interesar