Galicia

Decretada a ‘alerta laranxa’ en toda a costa galega

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ven de alertar dun ‘fenómeno adverso’ de nivel laranxa que afectará, dende a madrugada do sábado ao domingo, a todo o litoral galego. Nun comunicado, a Xunta ven de remitir ás predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), no que indica que o temporal comezara ao redor das 9 da noite, con mar de fondo e ondas que poderían chegar aos cinco metros de altura. Ademáis, haberá mar grosa na totalidade da costa de Galicia.

Dende a medianoite, a treboada espallarase á costa da Mariña lucense e, dende as 2 da mañá, ao suroeste de A Coruña e a todo o litoral de Pontevedra.

Para garantir a seguridade, o servizo 112 de Galicia, ven de alertar aos concellos, servizos provinciais, clubes náuticos e Protección Civil, desta situación meteorolóxica adversa. Ademáis, Emerxencias lembra a poboación a importancia de seguir as medidas de protección, entre elas non achegarse a diques ou rompeondas coa finalidade de evitar golpes de mar que poidan arrastras personas ou obxetos, ademáis de vixiar posibles caídas dos mesmos dende fiestras e balcóns.

 

También te puede interesar