Galicia

81 feridos e un morto nas estradas galegas dende o pasado venres

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 81 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do día 4 ate as doce da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 81 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39%, nas idades dos feridos, obsérvase cun 31% dos atendidos tiña entre os 20 e os 29 anos.Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, ambulancia medicalizada acudiu a oito sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a catro accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, unha persoa foi levada ao Centro de Atención Primaria ou Punto de Atención Continuada, sete foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa resultou falecida.

 

También te puede interesar