Rajoy inaugura o sexto edificio do Museo de Pontevedra entre protestas á súa xestión

Rafael Louzán presidente da Deputación e Mariano Rajoy

O presidente do Goberno inaugurou este venres o sexto edificio do Museo de Pontevedra, un espacio que, subliñou o responsable da Deputación Provincial, “é unha realidade grazas á man invisible e o traballo calado de Mariano Rajoy”. Rafael Louzán reiterou a aposta da entidade na conservación e protección da cultura galega e subliñou a laboura, neste sentido, da Xunta e do Goberno Central.

Feijóo durante o acto

Pola súa banda, o presidente do Goberno galego, propuxo, practicar nos espazos culturais unha “política de portas abertas” para os creadores do noso tempo porque a través deles, enriquécese e transmítese a cultura galega ás xeracións vindeiras. “Non en van  a cultura galega non está conformada unicamente polas pegadas dos galegos de onte, senón tamén polo rastro que os galegos de hoxe queremos deixar para as xeracións que nos han de suceder”.

Durante a inauguración, Alberto Núñez Feijóo resaltou que as pinturas, os debuxos, os gravados, os obxectos arqueolóxicos…todo o que atope un sitio neste museo son símbolos dun país no que as diferentes xeracións nos sentimos eslavóns dunha andaina compartida. “Deses símbolos de onte e de hoxe brota sempre unha cultura para o entendemento, que non é de ninguén senón de todos, que non pecha senón que abre, que non establece valados senón que abre camiños”, engadiu.

“Cando non había institución, cando non existían estruturas políticas nin económicas, Galicia atopou protección, esperanza, na cultura”, aseverou. E, neste senso, lembrou o ano 1963, no que se instaurou o Día das Letras galegas. “Cincuenta anos despois é este novo espazo museístico o que nos volve recordar que Galicia é un gran país, capaz de levantarse e seguir camiñando”, concluiu.

Por último o presidente do Goberno amosou a súa satisfacción, “coma pontevedrés” de poder acudir a este acto e, ademáis de loubar a importancia do patrimonio cultural de Galicia e de lembrar a súa pertenza ao padroado do Museo, “cando tiven a honra de presidir a Deputación de Pontevedra”, calificou o mesmo coma “o máis importante dos museos que dependen das deputacións españolas”, ao tempo que amosouse convencido de que a inversión en cultura o é, tamén, no desenrolo económico e social.

Unhas trinta personas protestaron, en medio dun importante despliegue policial, contra a política económica do Goberno

Protestas

Mentras o presidente do Goberno acudía á inauguración ao redor de trinta persoas protestaban na rúa contra os recortes e a política económica do Goberno. Entre os presentes, varios afectados polas Preferentes, aos que referiuse Rafael Louzán durante o acto, volveron a reclamar que se lles devolvan os seus cartos.

Logo da entrada de Mariano Rajoy no novo inmoble do Museo, os manifestantes que pretendían agardar ao presidente na rúa pola que estaba previsto que saíse do edificio, foron desviados polo importante despliegue policial ate outra ubicación onde amosaron o seu rexeitamento ás políticas do executivo proclamando que agora os pobres son máis pobres e os ricos, máis ricos” e coreando lemas coma “a reforma laboral para Rajoy e Cospedal”.

Condecoración a Fernández Albor

Unha vez rematado o acto, Rajoy viaxou a Santiago donde, condecorará ao ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, coa Grande Cruz da Orde de Isabel la Católica.

Doutor en Mediciña e Ciruxía, Fernández Albor, de 95 anos, nado es Santiago, é presidente de honra do PP de Galicia e foi titular do Goberno Galego entre 1982 e 1987, mandato durante o cal nomeou a Mariano Rajoy coma vicepresidente.

 

También te puede interesar