Vigo al minuto

Iolanda Veloso sustitúe a Santiago Domínguez á fronte do grupo municipal do BNG

Aínda que no Bloque Nacionalista Galego levan días decindo que a demisión de Santiago Domínguez é unha decisión persoal, a realidade non indica o mesmo. Os resultados electorais con Domínguez coma candidato á Alcaldía nas Eleccións Municipais de 2007 e 2011 e, especialmente, o apoio ao BNG en Vigo nos comicios ao Parlamento de Galicia abriron a porta de saída ao ex tenente de alcalde.

Nas municipais de 2007, Domínguez acadou 28.000 votos e 5 concelleiros, dous asentos menos no Pleno cunha perda de preto de 10.000 sufraxios con respecto a 2003; en 2011 cumpriuse a Lei de Murphy: se algo vai mal aínda pode ir peor, e Domínguez levou ao BNG punto menos que ao ridículo, obtendo 3 concelleiros e 12.000 votos menos que catro anos antes e preto da cuarta parte dos que o Bloque lograra en 1999, cando 34.000 papeletas e 8 concelleiros sentaron a Lois Pérez Castrillo na Alcaldía.

Se os resultados eran malos, moi malos, o 21 de outubro pasado Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), a coalición liderada polo antigo voceiro do BNG, Xosé Manuel Beiras, conqueriu na cidade 28.441 votos, dobrando ao Bloque en apoio, tanto en número de papeletas coma en pocentaxe de apoio. O partido liderado por Santiago Domínguez en Vigo perdía a metade dos seus votantes no que foi un dos peores porcentaxes na súa historia.

Con todo eso, o cambio estaba máis que cantado. O BNG agardou a que se aprobasen os orzamentos e, inmediatamente, Santiago Domínguez anunciou que renunciaba a seguir dirixindo o grupo municipal, aínda que non deixará o Concello. Non pode. Se o fixese sería a número catro da lista, María Méndez quen, curiosamente, xa non milita no BNG, quen ocupase o seu posto, o cal descarta completamente que Domínguez renuncie á súa acta de concelleiro.

A elección de Iolanda Veloso, pertencente á UPG, como o terceiro concelleiro do BNG, Xabier Alonso, non cambiará gran cousa as relación entre os nacionalistas e o alcalde, que pode seguir gobernando grazas a eles: Abel Caballero seguirá á fronte do concello con tranquilidade…no Bloque ningúen esquece o que pasou logo de que Lois Pérez Castrillo deixase de apoiar ao socialista Ventura Pérez Mariño e facilitase a chegada á Alcaldía da popular Corina Porro…e semella que os votantes tampouco.

 

También te puede interesar