Vigo al minuto

A CIG pide reunións coa Xunta e Deputación para o mantemento dos empregos no MARCO

A federación de Servizos da CIG solicitou xuntanzas co presidente da Deputación de Pontevedra, coa delegada da Xunta en Vigo e co secretario xeral de Cultura para reclamarlles o mantemento de todos os postos de traballo no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO).

Dende a central nacionalista non descartan a convocatoria de mobilizacións para rexeitar a redución de xornada e o despedimento dos cinco gardas de seguridade do museo vigués.

O responsábel de negociación colectiva da CIG-Servizos, Pedro Pérez, remitiu xa tres escritos solicitando entrevistas con Rafael Louzán, María José Bravo e Anxo Lorenzo para abordar a a problemática laboral aberta no centro tras a drástica redución do seu orzamento.

Pérez adiantou que lles pedirá que «aínda que non sigan como patróns do MARCO asinen convenios con partidas finalistas que permitan o normal funcionamento do centro e o mantemento dos empregos».

Se estas xestións non dean o resultado agradado e as Administracións públicas non se comprometan na defensa dunha das infraestruturas culturais máis importantes da cidade de Vigo, a CIG levará a cabo mobilizacións diante do museo.

A perda de fondos provocou a redución da xornada laboral dos traballadores e o despedimento dos cinco gardas de seguridade cos que contaba o centro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.