Vigo al minuto

Os Reis Magos percorrerán Vigo en 12 carrozas ambientadas nos océanos e mares

As 12 carrozas dos Reis Magos que desfilarán por las rúas de Vigo o próximo sábado, 5 de xaneiro. Baixo a temática, Os océanos e os mares, conmemorando que o 2013 é o ano internacional na esfera da auga , darán vida a unha comitiva, na que participarán máis de 1.200 persoas. Un autobús de Vitrasa, un camión de bombeiros, un grupo de xinetes, axentes da Policía Local de gala e un grupo de automóviles antiguo competarán o desfile, no que destacan as tres carrozas reais e a do paxe. Ao longo do evento botarán máis de 4.000 kilos de caramelos sen glútem.

A comitiva real sairá ás 6 da tarde horas polas rúas García Barbón e Policarpo Sanz e a chegada, á Porta do Sol, está prevista ao redor das 8. Respecto do tráfico, o día 5, desde as 10 da mañá, non se permitirá o aparcamento en todo o percorrido e os cortes de tráfico comezarán ás 4 da tarde nas seguintes zonas: Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo; saída autopista Isaac Peral; Areal-Oporto; Areal- «Paelleira»; Colón Areal; Paseo de Alfonso; López de Neira-Doutor Cadaval; Alfonso XIII-Cervantes; Urzáiz-Lepanto; Urzáiz-México; Urzáiz-Vázquez Varela; Miragaia-Rosalía de Castro; Candeleiro-Rosalía de Castro; Oporto-Rosalía de Castro; República Arxentina-Uruguay. As únicas entradas e saídas á zona do Areal- Rosalía de Castro-zona Compostela-Beiramar serán por la rotonda de Julián Estévez e rúa Coruña.

As súas Maxestades os Reis Magos visitarán hospitais e centros socias entre as 10 da mañán e a 1 da tarde Concretamente, achegaránse a Povisa, ao Xeral Cíes, á Casa de Emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos, o Centro de Inclusión Social e as Hermanitas de ancianos desamparados.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.