Vigo al minuto

Esquerda Unida reclama a creación dun portal no que se informe das contratacións do Plan de Emprego Local

O alcalde asinando un dos convenios do Plan Municipal de Emprego

O coordenador loca de Esquerda Unida (EU) en Vigo ven de reclamar a apertura dun portal de emprego donde se informe á cidadanía de todos os procesos de contratación derivados de recursos públicos do Plan de Emprego Municipal, independentemente de quen sexa o organismo contratador xa que, “por descontado que todos e todas os vigueses e viguesas temos que ter o lexítimo acceso á información de ofertas de traballo financiadas con cartos públicos”.

Rubén Pérez considera que, a pesar de que os postos de traballo sexan creados por entidades como asociacións de veciños, sindicatos ou asociacións sociais, “ao tratarse de fondos públicos sometidos a convenio público, teñen que realizarse as contratacións de acordo cos criterios de oferta de emprego público”, e que o propio convenio firmado ten que recoller os criterios de selección, o xurado que realizará a mesma, os requisitos e os prazos para presentar a súa candidatura o interesado ou interesada.

EU descoñece en que plataforma informativa téñense publicitado os centos de postos de traballo anunciados polo alcalde e ofertados por asociacións de veciños, sindicatos e mesmo asociacións particulares, en base aos ingresos económicos procedentes de convenios asinados co Concello.

Esquerda Unida, igualmente, seguirá reclamando que a Concellería de Emprego redacte un anexo para ser incluídos en todos os  convenios do Plan de Emprego Municipal que exisan o concurso público, transparente e a definición do proceso selectivo para todos os postos de traballo que se xeneren con recursos públicos, “que, como son de todos e todas, todos e todas temos que ter a oportunidade de optar a eles”.

 

También te puede interesar