RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Os nacionalistas critican que Feijóo «volve a burlarse» de Vigo nos orzamentos da Xunta

A deputada nacionalista Carme Adán e o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, fixeron este sábado unha primeira valoración dos orzamentos da Xunta para 2013 a respecto dos investimentos para Vigo. Segundo subliñan os nacionalistas, «Feijóo volve a burlarse de Vigo nas contas para 2013».

A través de nota de prensa enviada aos medios,  Domínguez denunciou que os orzamentos para o vindeiro exercicio «manteñen a política discriminatoria do goberno galego a respecto da nosa cidade» e salientou que as contas autonómicas non contemplan a Cidade da Xustiza nin o túnel de Julián Estévez, ao seu xuízo, proxectos fundamentais para o desenvolvemento da nosa cidade.

Ao respecto, Adán critica que esta dotación «desaparece definitivamente dos orzamentos da Xunta», mentres o resto de cidades galegas reciben «importantes partidas para dar resposta ás necesidades xudiciais».

O portavoz municipal do BNG tamén lamenta que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) non recibe o financiamento que necesita. «A Xunta deixa na estacada a un dos museos con mayor número de visitantes de Galiza, mentres o Gaiás segue a consumir unha parte substancial do orzamento de cultura», destaca.

Resulta «lamentable a falta de preocupación da Xunta no eido social, fundamental neste momento de crise», apunta o líder dos nacionalistas vigueses, quen non entende que o Goberno galego non inclúan partidas para arranxar os comedores escolares nin para asumir a xestión dos existentes.

Asemesmo, a deputada nacionalista subliña a falta de compromiso da Xunta coa creación de emprego, a pesar de que nosa cidade ten o índice de paro máis alto de Galicia.

También te puede interesar