RGPD - Cookies
Vigo al día

@s [email protected] polas Preferentes cumpren un mes [email protected] en Gondomar

@s [email protected] polas Prefrentes levan [email protected] en Gondomar hai un mes

“Estamos cunha moral de ferro e non imos a deixar o peche, esta é unha acción de longo recorrido. Seguiremos aquí na Noitevella, logo en primeiro de ano e tamén en San Blas”. Así de craros son os afactados pola compra de Participacións Preferentes que, este venres, cumpren un mes de peche en Gondomar.

Hai unha semán estaban no caixeiro de Novagalicia Banco e dende hai unha semán permanecen na Casa do Concello, lugar de onde non teñen intención de irse “ate que nos devolvan os nosos cartos”.

Aseguran que agora a decisión “xa é política” dado que a entidade aseguroulles que a orde de pagar ten que dala o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), organismo dependente do Estado que ven de sanear as contas de NGB con máis de 5.000 millóns de euros.

@s [email protected] pasarán a Noitevella no Concello

Os afectados lembran que xa non valen as excusas de que non nos poden pagar porque a Unión Europea non deixa…Almunia deixou ven craro hai uns días que a decisión é xa do Goberno, e agardamos a que a tome”. Ao mesmo tempo lembran que logo de aprobar o arbitraxe, nen a Xunta nen o Goberno de Rajoy poden xa dar marcha atrás, porque é a única esperanza que teñen moitos afectados”.

Con respecto aos pagos aprobados por medio do arbitraxe denuncian que dos 43.000 afectados so foron atendidos uns 11.000 e que, “nin un so caso deles” se atoparon causas para non ingresar os cartos, “o que proba, xa sen dúbida algunha, que esto foi unha estafa que nos roubaron, sen andar xa con máis historias”.

As condicións do peche no Concello, comentan, “son moito mellores que no caixeiro, alí era normal que as personas máis vellas acabasen collendo catarros e bronquites, aquí, aínda que é incómodo pasar a noite, a lo menos estamos máis quentes”. Nas últimas horas, confirman, tiveron unha xuntanaza co alcalde e con responsables de Novagalicia Banco e, “aínda que non hai novedades, agardamos que unha vez que os do arbitraxe volvan de vacacións empecen a resolver os expedientes e se aceleren os pagos”.

Mentras tanto, advirten, “non van a acabar nen os peches nen as medidas de presión, ao contrario, vanse a intensificar porque hai personas que están xa nunha situación límite”. Neste sentido,avisan, a Xunta e o Goberno deberían acelerar este proceso “ou vai a haber consecuencias que non poderemos controlar”.

 

También te puede interesar