O Concello de As Neves prepárase para recibir ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar teñen previsto estar o vindeiro día 5 de xaneiro na Escola de Música, lugar de donde partirán, ás 4 e media da tarde, para percorrer as principais rúas da vila ate chegar ao Pavillón Municipal de Deportes.
Unha vez alí, os Reis repartirán agasallos a centos de nen@s nevenses e terán a oportunidade de os coñecer en persoa, logo de ter recibido as súas cartas. Melchor, Gaspar e Baltasar, falarán cos pequenos e as pequenas para saber cómo se portaron e ver canto medraron dende o ano anterior. Ademáis, no mesmo lugar, para que os rapaces e rapazas poidan disfrutar do día anterior á noite dos agasallos, haberá unha festa con xogos, inchables, música e obradoiros.
Este será o colofón duns días cheos de actos e propostas, para os máis pequenos e para os seus país e avós. Entre elas, este mesmo venres, os alumnos do Colexio ‘Marquesa do Pazo da Merced’, representan no auditorio municipal a obra ‘A princesa e o labrego’.
O sábado, día 29, no mesmo lugar, ás 6 da tarde e a un prezo de 2 €, proxéctase a película galega ‘ O Apóstolo’; e o domingo, día 30, ás 5 e media, as corais Santa María de As Neves e Santa María de Salceda, ofrecerán un dos concertos máis agardados do ano.