RGPD - Cookies
Vigo al día

Inaugurado o Museo do Parque das Illas Atlánticas no Casco Vello

O novo museo está no Edificio Cambón, na rúa da Palma, en pleno Casco Vello

Este mércores quedou aberto, tras a súa inauguración, o novo ‘Museo do Parque das Illas Atlánticas’ que, ademáis acolle as oficinas e o centro de visitante do parque nacional. O mesmo está situado no corazón mesmo do Casco Vello, no Edificio Cambón, pegado á Colexiata, no que se fixeron obras de rehabilitacón por un importe superior aos 4 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Dende hoxe a Xunta xestiona este edificio que conta cunha superficie de 1.500 m2 para área expositiva, auditorio, aulas, e zonas de oficinas. Unha única sede que permitirá mellorar a xestión ao concentrar tanto o museo coa as oficinas nun mesmo espazo.

O inmoble ten unha superficie útil de 1.500 metros cadrados

As previsión da goberno galego é que accedan a este edificio uns 150.000 visitantes ao ano. O acceso ao inmoble, e aos seus contidos, será gratuíto para os cidadáns e abrirá as portas seis horas ao día durante seis xornadas da semana en horario de 11:00-14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Entre o equipamento desta nova sede do Parque de Illas Atlánticas destaca a instalación de catro teletransportadores, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos.

O Museo ten coma obxectivo facilitar o coñecemento das especies que viven no Parque e sensibilizar aos visitantes no respecto ambienta

O obxectivo do novo museo é o de favorecer o coñecemento das áreas protexidas, polo que está chamado a ser, segundo a Consellería de Medio Ambiente, unha ferramenta para a sensibilización no respecto ambiental, ao tempo que se fai compatible o uso turístico coa preservación da natureza, e o acceso ao parque de tres millóns de visitantes que terán a posibilidade de disfrutar de preto de 50 quilómetros de rutas sinalizadas.

En 2013, segundo anunciou a Xunta, acometerá 30 actuacións no parque, entre as que destaca a elaboración da estratexia paisaxística da Illa de Ons e a incorporación do parque á Carta Europea de Turismo sostible. Outra guía de accións será a do seguimento xeral, da flora e da fauna: destacando o control sobre a fauna ameazada e sobre as especies invasoras, así como o convenio de mellora da eficiencia enerxética no parque.

O edificio ten, tamén, un gran salón de actos

Tamén se abrirán liñas de actuacións e medidas no campo da investigación, a divulgación e uso público e o desenvolvemento de obras e proxectos a realizar, como os depósitos de auga de abastecemento ou a celebración dun campo de traballo nas Illas Cíes.

 

También te puede interesar