RGPD - Cookies
Vigo al día

Catro deputados de Alternativa, pasan a noite cos afectados das Prefentes pechados en Gondomar

Catro deputados de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, Antón Sánchez, Consuelo Martínez y Eva Solla, pasan esta noite do xoves ao venres cos afectados pola compra de Participacións Preferentes que están pechados nun caixeiro de Novagalicia Banco en Gondomar.

Todos eles chegaron ás 10 e media da noite acompañados polo voceiro de AGE no Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras, quen amosou a súa solidariedade con este colectivo, e permanecerán na entidade ate as 10 e media da mañá deste venres, hora á que comparecerán ante a prensa para salientar o apoio que queren transmitir aos afectados, máis de 43.000 en toda Galicia, que levan máis dun ano pedindo que lle devolvan os seus cartos.

Dende que o pasado 3 de decembro Francisca Alonso decidise pecharse no devandito caixeiro, outros 13 afectados viñeron facendo turnos para permanecer no interior do mesmo ás 24 horas do día. Maila ás “presións” ás que foron sometidos pola Policía, estes veciños, que representan aos máis de 400 que viven na vila e que foron “estafados” pola entidade para que investisen os seu diñeiro “nun producto que nos dixeron que era para clientes antigos, que daríanos un 7% de rendibilidade e que poderíamos recuperar no momento que quixésemos, e que agora non podemos sacar”.

Varios dos afectados denuncian, ademáis, presións, tamén, por parte da propia entidade que, este xoves, “nunha reunión en Vigo, comprometeuse a axilizar os nosos expedientes persoais se abandonábamos o peche”. Asimesmo sinalan que o alcalde de Gondomar, “non so non se interesou  polo noso estado ou as nosas reivindicacións, senon que evitar el pasar por esta rúa e mesmo deixou de ir a tomar o café a onde tiña por costume, porque o bar que frecuentaba está preto de aquí”.

Pola súa banda o deputado Juan Fajardo, salientou que no Pleno do Parlamento do pasado mércores, cando un grupo de afectados interrumpiu a sesión, “quedou craro que o Goberno púxose do lado dos delincuentes, os que quitaron os cartos a milleiros de personas, convertíndose nun delincuente como eles”. En declaración a vigoalminuto, Fajardo criticou que o “Feijóo adiantase que vai a iniciar procesos xudiciais contra os manifestantes” e que os representantes do PP no Parlamento de Galicia, “fosen a tomar café con bollería mentres no hemiciclo, a cinco metros deles, un dos estafados sufriu un amago de infarto”.

O deputado de Alternativa anunciou que o seu partido vai a poner en marcha a maquinaria xurídica “para ver se é posible imputar a este Goberno, porque xa non é o momento de esixir responsabilidades políticas senon penais”. O representante de AGE afirmou que durmindo cos afectados o que pretenden é transmitirlles a súa solidariedade ao tempo que “amosamos que o Parlamento ten que estar formado por homes e mulleres do común que temos que estar preto dos problemas dos cidadáns”.

Na opinión de Juan Fajardo, “é perfectamente posible que o Goberno, fronte a un drama social desta magnitude, asuma parte do pago do que lles foi roubado a milleiros de personas e que logo reclame ás entidades esas cantidades”. Por último o deputado criticou que mentras moitas familias afectadas precisan o diñeiro para vivir, “o Goberno, que é quen de darlle 18 millóns de euros a colectivos de empresarios parta que abran oficinas no extranxeiro, non se preocupe pola situación que están a pasando milliros de fogares”.

 

También te puede interesar