O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), fíxose coas naves de Ribadumia e Vilaxoán y os dereitos da marca ‘Miau’ por 780.000 €, o 75% do precio de saída, 900.000 €, na puxa celebrada este xoves nos Xulgados de Vigo.
Na subasta a marca ‘Miau’ saía cun prezo de 100.000 €, as instalacións de Ribadumia con 300.000, e as de Vilaxoán por medio millón de euros. O Igape pagou 220.000 € pola marca, 350.000 pola nave de Vilaxoán e 210.000 pola de Ribadumia, superando as ofertas dunha empresa vasca que, segundo os sindicatos, estaba interesada en comprar ‘Miau’.
Nunha nota enviada aos medios de comunicación, a Xunta indica que faise cos bens de Alfageme “para atopar a mellor fórmula para garantir a reactivación da empresa e a recuperación dos postos de traballo”ademáis, subliña que adxudicouse as instalacións de Alfageme dado que “non había empresa algunha interesada en darlle ciabilidade ao proxecto da conserveira”.