Comarcas

Segue aberto o prazo para os obradoiros de Nadal en Redondela

Aínda tes tempo, até o vindeiro mércores día 19. para apuntar aos teua cativos de 4 a 14 anos aos obradoiros de Nadal que organiza, un ano máis, a Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Redondela.

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias durante estas vacacións de Nadal, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo nas vacacións de Nadal.

Este ano, e continuando coa liña do Programa Municipal de Conciliación, ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira, adaptada aos seus gustos.

Estes obradoiros, aos que hai que apuntarse previamente, ofértanse para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano.

Os obradoiros desenvolveranse os días 24, 26, 27, 28, e 31 de decembro de 2012 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2013, en horario de 09.30 a 13.30 horas, nos seguintes centros: Multiusos de Redondela, multiusos de Chapela, centro cultural de Cedeira, centro cultural de Cesantes, centro cultural de Vilar de Infesta e a Asociación cultural e deportiva A Miñoteira (Ventosela).

En cada centro ofértanse un total de 30 prazas, ascendendo o total do programa a 180 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de entrada da Ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello.

Este ano, por primeira vez e dando resposta a unha demanda da cidadanía, ofértanse un total de 15 prazas para menores con necesidades educativas especiais, que contarán con persoal profesional especializado.

Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Redondela acompañada de volante de empadroamento da nai ou pai, seguíndose para a elaboración das listaxes de participación rigorosa orde de inscrición segundo o número de entrada no Rexistro.

A solicitude pode descargarse da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM) en Redondela e Chapela e o Volante de empadroamento solicítase no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición remata o mércores 19 de decembro, incluído.

O venres 21 de decembro publicarase a listaxe de admitidos e de reserva, que poderá ser consultada na páxina web do Consistorio e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres de Redondela ou Chapela.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.