
«Cóllese antes a un mentireiro ca un coxo», é como pode resumirse a nota de prensa enviada este xoves dende o grupo municipal do BNG no Concello de Salvaterra en relación a responsabilidade do rexidor do PP, Arturo Grandal, e na que pídenlle explicacións sobre a gardería de 0 a 3 anos prometida.
Os nacionalistas lembran que foi en novembro do 2006 cando gobernaba na Xunta o bipartito do PSdeG-BNG e a formación estaba a cargo da Consellería de Benestar. Nese momento, o BNG de Salvaterra instou a Grandal a que se adherira ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para poder mellorar os Servizos Sociais, incluído o poder optar a unha gardería, o que supuña, que o concello só tiña que cubrir o 30% do custo da Galescola.
Segundo o BNG, o alcalde popular non deixou nen que chegara a pleno a proposta dos nacionalistas e que «as actas están aí para velas».
Ase mesmo, o ano seguinte, en pleno de data 31 de xaneiro 2007 os nacionalistas insistiron levando de novo a proposta, e esta vez sí chegou a pleno sendo aprobada por unanimidade, «pero Grandal seguiu sen xestionar nada», afirma el portavoz do BNG, Gabriel Martínez, quen lembra tamén que en 2009, de novo o PP chegou a Xunta cambiando o nome de Galescola por Galiña Azul.
«Esiximos que Arturo Grandal dea a cara ante os veciñ@s e explique por qué dende 2006 non temos unha nova gardería en Salvaterra, estamos falando de máis de 6 anos», denuncian os nacionalistas.
Tamén se refire o BNG que en febreiro de 2011 -a un mes das eleccións-Grandal anunciaba na prensa e incluso na páxina do Concello, a reunión mantida con a conselleira de Traballo e Benestar, Ana Mato, afirmando que a finais de 2012 entraría en funcionamento a gardaría, estamos en decembro e non hai gardería.
O BNG lamenta que «A pesares de que Grandal leve governando máis de 30 anos o noso Concello, os nenos e nenas non teñen unha gardería que cubra as necesidades básicas que demandan os pais e nais de Salvaterra».