Galicia

O ‘Prestige’ «afastouse demasiado da costa»

O xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra cando se produciu o sinistro do ‘Prestige’,  asegurou durante a súa declaración no xuizo polo desastre ecolóxico que o buque se afastou «demasiado da costa», unha vez que se estabilizou a escora que presentaba o 13 de novembro de 2002, día da catástrofe..

A preguntas da Fiscalía e da Avogacía do Estado, José Pose Vaquero considerou «conveniente» que se optase, inicialmente, por fixar unha distancia de seguridade ante o perigo de que o buque embarrancase.

Non obstante, criticou que «se seguise» co afastamento unha vez que se logrou remolcalo. «Estábase a afastar demasiado e para os salvadores dificultaba o traballo», precisou Pose quen cuestionou a decisión adoptada polo Goberno.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.