Vigo al minuto

O Bloque pide a anulación do proxecto de parque eólico na Serra do Galiñeiro

A portavoz de Industria do BNG no Parlamento de Galicia ven de rexistrar varias iniciativas ao fin de paralizar a execución do parque eólico na Serra do Galiñeiro e “preservar os seus valores e funcións económicas, medioambientais e sociais”.Carme Adan insta ao Goberno galego a apoiar a tramitación de área protexida  e incorporación da Serra do Galiñeiro ao Parque Natural do Aloia.

Para a nacionalista, esta Serra representa un verdadeiro paraíso rochoso e emblema paisaxístico do Sur de Pontevedra “cunha silueta  peculiar que se visualiza dende moitos puntos da contorna e a motos quilómetros de distancia”.

Segundo o Bloque, o planeamento urbanístico dos concellos polos que se estende a Serra, respectou os seus valores naturais e patrimoniais como reflicte a documentación específica de ordenación, deste xeito os concellos de Vigo, Porriño, Mos e Gondomar cualifícana na súa Ordenación Urbanística como zona de Solo Rústico de Protección Especial de Espazos Naturais.

Na iniciativa parlamentaria, a deputada do BNG tamén alude ao manifesto apoiado pola cidadanía en defensa da Serra do Galiñeiro e contra a implantación do Parque Eólico polo que reclamará no Parlamento galego a anulación da súa execución.

 

También te puede interesar