Tonhito de Poi abrirá o camiño da súa viaxe á Amazonía, dentro de dez días no Teatro Colón

Unha viaxe á Amazonía, outro mundo, unha experiencia que cambia a vida, o xeito de pensar, e a perspectiva de un tipo que viviu para contalo. Tonhito de Poi vaino contar todo o vindeiro 18 de decembro no Teatro Colón de A Coruña.

É parte da experiencia que o artista galego recolleu nun cd que ten unha pista de vídeo e o audio dunha ceremonia chamánica oficiada polo mestre Ramón Peregrin; un vídeo, no que, á parte de imaxes da selva virxe hai unha entrevista co mestre; un diario, no que conta, en primeira persoa as súas experiencias, e unha montaxe escénica, coa que percorrerá Galicia e que empeza o seu camino en A Coruña.

Di Tonhito no prólogo do Diario, “teño que recoñecer que tentei ligar e dar forma ás frases soltas, ás experiencias e reflexións cando tomei a decisión de compartilo, pero non fun capaz. Vai literal. Isto forma parte do ‘Soro da Verdade’ e a verdade é o solar no que se sustenta cada palabra, claro está que é a que experimentei”. Se queres saber o resto, xa sabes: tes que adentrarte nese mundo abrindo as portas do Colón dentro de 10 días…e podes mercar a entrada picando aquí

 

También te puede interesar