Galicia

Os socialistas galegos piden á Xunta paralice os deafiuzamentos nos casos de risco social

A coordinadora da Área de Economía da Executiva do PSdeG-PSOE presentou unha serie de iniciativas no Parlamento nas que lle reclama á Xunta que tome as medidas necesarias para paralizar as execucións hipotecarias “que recaian sobre a vivenda habitual, en familias con situación de insolvencia sobrevida de boa fe”.

Carmen Gallego, que cando gobernaba o seu partido nunca fixo unha petición  semallante, insta ao executivo de Feijóo a que ordene á Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma que se absteña de intervir en desafiuzamentos que se poidan producir en Galicia. Ademais, solicítalle á Xunta que “extinga as relacións contractuais coas entidades financeiras que operen en Galicia” e executen estas hipotecas, “retirándolles os saldos líquidos que existan”.

Os socialistas solicitan á Consellería de Xustiza que  poña a asesoría xurídica da Xunta a disposición destas familias, promovendo ademais que na bolsa de aluguer “se prioricen ás familias que padeceran un desafiuzamento por situacións de insolvencia sobrevida de boa fe”.

O PSdG reclama que a Xunta se dirixa ás entidades financeiras que operen en Galicia para que paralicen de xeito inmediato os lanzamentos derivados de execucións hipotecarias en familias con insolvencia sobrevida de boa fe e propón o restablecemento do “seguro de pagos” para a compra de vivenda habitual “a fin de evitar o risco de impago ante a perda de emprego”.

Gallego chama ao Goberno autonómico a dirixirse ao goberno de España para esixir a modificación lexislativa do procedemento xudicial hipotecario a favor destas familias, e que adopte as medidas necesarias “para que se aplique a dación en pago” para cancelar a totalidade da débeda coa entrega da vivenda. Tamén insta a retirar o anteproxecto de Lei para a dinamización da vivenda en aluguer, que prevé desafiuzamentos en 10 días.

 

También te puede interesar