Galicia

O ‘Chucán’ condenado a 10 anos de cadea polo asasinato dunha muller en 2007

Na sentenza, feita pública este venres, é condenado, por un delito de asasinato «sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal», a dez anos de cárcere, así como a indemnizar con 150.000 € ao fillo da vítima e con 13.634 euros, por dano moral e  polo sepelio, á nai da muller falecida.

O xurado popular declarou o pasado 1 de decembro culpable por unanimidade a José Carnero, coñecido coma ‘O Chucán’ dos cargos que se lle imputaban, e a xuíza ordenou o seu ingreso en prisión. Carneiro, que fora exonerado desta morte, volveu sentar no banco dos acusados tras recoñecer, en entrevistas xornalísticas, a súa implicación.

Contra a sentenza, que ademais determina a inhabilitación absoluta de o suxeito durante o tempo da condena e requírelle aboar as costas procesuais, cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nun prazo de dez días dende a notificación.

O documento considera probado que o 14 de setembro de 2007, Carneiro se dirixiu no seu vehículo dende a súa residencia, en Arxemil (Sober), ao club Tosca, situado en Ourense, onde traballaba a muller asasinada. Ela acompañouno ao seu domicilio para manter relacións sexuais.

Entre o sábado 15 e o domingo 16, José Carnero e Pilar dirixíronse a unha dependencia da vivenda de aquel na cal este gardaba a augardente, así como apeiros de labranza e diversos útiles, agredindo neste lugar á muller, cun ou varios obxectos contundentes, tales como un mazo, un machado ou un ferro alongado,indica a sentenza.

A mesma dá por probado que a agresión se produciu «con intención de matala» e sinala que o corpo foi atopado o martes día 18 de setembro de 2007 nesa mesma dependencia da vivenda de Carneiro.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.