Galicia

As Neves impulsa un Curso de Aproveitamento Forestal para desempregrados

O Concello de As Neves, ven de por en marcha un ‘Curso de Formación en Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais’, dirixido a persoas desempregadas. O mesmo ten unha duración de 288 horas, está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e os participantes “obteñen unha titulación que lles permite optar a un posto de traballo nun sector no que hai unha demanda importante”.

O mesmo, no que participan unha ducia de personas, formará ás mesmas, tanto teórica coma prácticamente, no desenrolo de actividades necesarias para o aproveitamento dos produtos forestais e para a conservación e a mellora do monte. Os asistentes estarán capacitados para colaborar nos labores de aproveitamento de madeiras e leñas para facilitar e axilizar a saca; realizar labores auxiliares no tratamento de subprodutos; apañar os froitos e as sementes forestais máis frecuentes e froitos do piñeiro manso; sangrar piñeiros resineiros para obter mera, apañar plantas para os labores artesanais, ornamentais, aromáticos, condimentarios e medicinais máis frecuentes, apañar fungos silvestres comercializables; realizar as operacións auxiliares de repoboación para implantar no monte material forestal, realizar operacións auxiliares de construción e mantemento de camiños forestais, devasas e puntos de auga; tratar a vexetación preexistente para a súa eliminación nos traballos forestais; regular a maquinaria de aplicación de produtos fitosanitarios de manexo sinxelo e realizar o seu mantemento; manipular e aplicar produtos fitosanitarios ou realizar as operacións auxiliares na loita biolóxica contra as pragas e as enfermidades.

Os participantes neste curso, segundo salientou a tenente de alcalde de As Neves, “estarán capacitadas para adaptarse á organización da empresa, integrarse ao  seu ritmo de traballo e cumprir os obxectivos de rendemento diario, para o cal púxose moito o acento na formación práctica con saídas constantes ao monte e accións prácticas prácticamente a diario”.

Maria del Carmen Gil, subliña que o obxetivo final é conseguir que os participantes no mesmo, ademáis de actuar con confianza na propia capacidade profesional, “estén en alerta da innovacións que se produzan dentro do sector e que, deste xeito, ademáis de aumentar as posibilidades de reintegrarse ao mercado laboral poidan, una vez dentro del, conseguir o seu desenvolvemento profesional”.

 

También te puede interesar