Comarcas

O Concello de As Neves súmase ao programa ‘Xuntos polo Nadal’

O Concello de As Neves ven de sumarse á iniciativa da  Consellería de Traballo e Benestar ven de convocar un total de 220 prazas para o programa ‘Xuntos polo Nadal’ que permite, aos maiores que non teñan con quen pasar estas datas, estar acompañados nas residencias de tempo libre do Carballiño (Ourense) e Panxón , dependentes da Xunta.

Segundo un bando municipal, este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro de 2013. Ten unha duración de 10 días (9 noites). As solicitudes, acompañadas de fotocopia compulsada do DNI, informe social e declaración responsable, pódense presentar ata o próximo día 5 de decembro.

Das 120 prazas da residencia de tempo libre do Carballiño, 60 serán para beneficiarios da provincia da Coruña e outras 60 para os de Pontevedra, ademáis os lugares de saída e regreso serán os Centros Sociocomunitarios da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

O Concello de As Neves lembra que para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos: Ser maior de 65 anos ou de 60, sendo pensionista; residir en Galicia; non padecer enfermidade infecto – contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia; non estar acollido en ningún centro residencial; ter un nivel de ingresos económicos baixo e ter que pasar só as datas do Nadal.

O programa será gratuíto para as persoas coas rendas máis baixas, mentres que aqueles cuns ingresos superiores contribuirán cunha achega de 50 €. As persoas interesadas pódense dirixir aos  Servizos Sociais do concello,  chamar ao teléfono social 900 333 666 ou consultar o portal de Benestar da web da Consellería.

 

También te puede interesar