Vigo al minuto

Caballero anuncia que pedirá cinco carreiras para a sede da UNED en Vigo

O alcalde, que visitou este martes á sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), anunciou que as contas municipais para 2013 incluirán partidas para “incorporar cinco carreiras que se estuden desde a UNED de Vigo”, ademáis de impartir cursos de acceso. Caballero indicou que a aula viguesa “está a disposición da UNED”en Pontevedra para que inmediatamente comecen as clases”.

Tras unha visita ás dependencias, o alcalde  apuntou que a UNED de Pontevedra ten o aula a súa disposición desde o 6 de novembro, data na que o goberno local rubricou o convenio definitivo de apertura co compromiso económico e de cesión. O Concello continúa agardando á devolución asinada do acordo e á apertura da sede viguesa: “desde ese momento está a disposición da UNED de Pontevedra para que, inmediatamente, comecen as clases”, explicou.

Caballero afirmou que o local está “perfectamente acondicionado” e a sede abrirá con cargo exclusivo ao Concello, que adicará uns 100.000 € anuais á mesma e lembrou que  “houbo discrepancias” co Padroado da UNED pois, na súa opinión, puxo “inconvintes” na sede xurisdiccional, a comisión de seguemento e o nomeamento da dirección da sede, diferencias finalmente solventadas.

 

También te puede interesar