RGPD - Cookies
Galicia

83 persoas atendidas por 68 accidentes de tráfico polo 061-Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 83 persoas debido a 68 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 80 chamadas en relación cos sinistros de tráfico. Estas alertas xeraron 68 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 83 persoas.

Por provincias foi a Coruña a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas, mentres que Pontevedra tivo 26, Ourense, 8, e Lugo outros 5.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 86.

Así, ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 74 sinistros, as ambulancias convencionais acudiron a catro accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco  sinistros.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco se levaron ao Centro de Atención Primaria ou Punto de atención continuada,  e 14 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar