RGPD - Cookies
Galicia

Prorrogado o prazo para que as empresas poidan solicitar axudas do programa ReEmprende

A Consellería de Economía manterá aberto ata o próximo 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes do programa ReEmprende, dotado con  2 millóns de euros, e deseñado para apoiar a posta en marcha de proxectos innovadores de nova creación ou a consolidación, durante o seu primeiro ano de funcionamento, de empresas promovidas por emprendedores ou autónomos, co obxectivo de favorecer a actividade empresarial e a creación de emprego.

Á hora de fixar a porcentaxe do apoio concedido a través do ReEmprende valoraranse tamén factores como a creación de emprego, especialmente para colectivos de difícil inserción laboral; o valor engadido asociado á actividade escollida e que a actividade esta enmarcada dentro dos sectores considerados prioritarios, como a automoción, a madeira, a transformación agroalimentaria, téxtil-moda, aeronáutica, náutica deportiva, química, biotecnoloxía, fabricación de equipos medioambientais ou de enerxías renovables, ou TIC.

As axudas concedidas dentro deste programa parten dun mínimo do 15% do investimento apoiable e poden chegar ata o 50%, no caso das pequenas empresas. Ademais, e dentro do compromiso de dinamización empresarial dos territorios amparados por plans especiais como son os Impulsa Lugo, Impulsa Ourense, Plan Ferrol, Eume e Ortegal e Plan Revive Costa da Morte, garántese nestas zonas unha axuda mínima do 25%.

Poden optar a estas axudas proxectos con investimentos comprendidos desde 35.000 ata 500.000 €. Con respecto á anterior convocatoria, a dotación orzamentaria anual medra nun 33%, ao tempo que se rebaixa o investimento mínimo de 50.000 a 35.000 para poder apoiar un maior número de proxectos de pequenos e medianos emprendedores, entre os que se atopan os autónomos.

 

También te puede interesar