O PSdG buscará novo líder nun congreso ordinario que adiántase ao ano que ven

O secretario xeral do PSdeG-PSOE abriu a porta a un Congreso ordinario “para que a reforma do PSdeG sexa mais profunda, participativa e transparente”. Así o dixo no peche do Comité Nacional Galego celebrado onte en Santiago.

Pachi Vázquez apostou por que o próximo Congreso do partido “renove persoas e proxecto para, non só cambiar a tripulación, senón facer un barco novo”. Xa que o congreso ordinario non correspondería ata dentro de catro anos, pero sería necesario para acometer unha renovación profunda, foi polo que o secretario xeral defendeu un itinerario propio do PSdeG-PSOE dentro do PSOE federal amparándose na condición de comunidade histórica de Galicia.

En calquera caso, Galicia determinará un itinerario propio logo de escoitar ao próximo Comité Federal, que terá lugar o 15 de decembro, e de fixar o calendario para as conferencias política e de organización.

O responsable socialista avogou pola renovación de persoas e proxectos logo de que durante o debate fora demandada a celebración dun Congreso ordinario en lugar de extraordinario. A diferenza baséase en que un Congreso Extraordinario tan só renovaría a dirección, mentres un Congreso ordinario, ademais de cambiar a dirección inclúe un documento político cun proxecto novo para renovar persoas, ideas, proxectos e programas.

Exercer competencias

Vázquez salientou que a dirección presidida por el mesmo “non vai ser interina, exercerá as súas competencias e responsabilidades con tódalas consecuencias e garantirá a neutralidade de cara ao próximo Congreso”. O líder dos socialistas galegos, que nos pasados comicios, coma candidato á Presidencia da Xunta, perdeu preto da metade dos votos que acadara o seu partido nas Eleccións Autonómicas de 2009, pediu que “non haxa deslealdades que prexudiquen ao partido, porque  xa hai quen pague os pratos rotos: vou ser eu”.

 

También te puede interesar