Vigo al minuto

EU insta ao alcalde a que atenda aos veciños de Navia que quedaron sen axudas para pagar as súas hipotecas

O coordenador de Esquerda Unida en Vigo ven de remitir unha carta ao alcalde na que insta ao rexedor a implicarse na solución da situación dos veciños e veciñas de Navia, afectados pola cancelación das axudas ao pago das hipotecas das vivendas de protección pública do barrio.

Rubén Pérez indica que centos de veciños do PAU de Navia adquiriron as súas vivendas baixo o acordo contractual das axudas asignadas á compra destas vivendas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que es, estos días están notificando por correo aos afectados do fin das mesmase, polo tanto, que a partir de xaneiro deberán facer fronte ao pago de importes de máis de 200 €”. O representante de EU salienta que, en moitos casos, tendo en conta que trátase dun barrio azouzado polos problemas laboráis,supón para moitas familias practicamente o importe que tiñan adicado na súa renda familiar ao carro da compra”.

A este feito, asegura Rubén Pérez, súmase un desamparo informativo das familias que non saben a quen dirixirse na administración da Xunta e “mesmo reciben respostas contradictorias por parte de diferentes estamentos administrativos”. Por estos motivos solitan o apoio do Concello aos vecinos artellando varias medidas: a creación dunha Oficina de Afectados, “con asesoría legal e administrativa nestes meses para afrontar os recursos de alzada ás notificacións que van chegando aos domicilios”.

Requerimento da corporación municipal ao goberno da Xunta para que abrir unha nova liña de axudas para cumplir o contrato formalizado no seu día cos veciños e veciñas de Navia, e presentación dunha moción no Pleno do Concello condenando a actuación da Xunta de Galicia, do Ministerio de Vivenda e do Instituto Galego de Vivenda e Solo neste tema tan grave de abandono institucional.

 

También te puede interesar