RGPD - Cookies
Vigo al día

Rouban biondas e quitamedos de varias estradas da Deputación

Os roubos que ven padecendo a Deputación de Pontevedra, e que afectaron a maquinaria e material seguen producíndose. O último deles este venres, cando uns descoñecidos cortaron as biondas de seguridade na estrada que vai de Insua a Caín, en Pontecaldelas, e que son semellantes á sustración de material en outras partes dos más de 1.800 kilómetros da rede provincial de estradas, nos que os ladróns levaron varios quitamedos, posiblemente para vender coma chatarra.

Segundo informa a propia Deputación, nos pasados anos investíronse preto de 2 millóns de euros na instalación de biondas, logo das reclamacións de asociacións de moteiros e ciclistas para garantir a súa seguridade.

A Deputación subliña que as sustraccións non se limitan a elementos das estradas, senon que no parque comarcal de obras de Codesa, na Estrada, desapareceu unha desbrozadora, do de Ponteareas levaron postes e ferramenta, no canpo de fútbol que a Deputación constrúe en Cuntis roubaron material e equipos e en Barro desapareceu parte do alumeado.

Dende 2009 celebráronse xa cinco xuizos por estos roubos, logo das denuncias do organismo provincial, nun caso xa hai un condenado, dous están pendentes e nos outros dous o acusado quedou en liberdade e o último foi arquivado.

 

También te puede interesar