Vigo al minuto

‘O Soro da verdade’, coa mentira podes chegar a algún sitio, pero nunca volves del

Unha viaxe á Amazonía, outro mundo, unha experiencia que cambia a vida, o xeito de pensar, e a perspectiva de un tipo que viviu para contalo. Tonhito de Poi falounos dela durante unha comida na casa do actor Rubén Riós e, hai un par de días enviounos o diario que escribiu narrando as súas vivencias, ou ‘vivensias’ como di él. Foi unha comida entretida, Tonhito é un tipo entretido, sorprendente…e persistente, seica non parou, durante anos, ate que conseguiu entrar nun territorio vetado para os occidentais. Se as súas ‘vivensias’ foron so unha parte de intensas do que transmitiunos entre empanada e cordeiro, estar coma parte do público na presentación das mesmos, o vindeiro 18 de decembro no Teatro Colón de A Coruña, é máis que necesario, ou ‘nesesario’, non vaia ser que todo se pegue.

O que pasou alí, no medio da selva vaciouno en catro caldeiros: un cd que ten unha pista de vídeo e o audio dunha ceremonia chamánica oficiada polo mestre Ramón Peregrino, “onde coa súa voz e tambor dinlle unha producción digna de Pink Floyd”, no vídeo, á parte de imaxes da selva virxe hai unha entrevista co mestre, un diario, “onde conto as miñas experiensias”, e o que garda o escenario, primeiro do Colón e máis adiante doutros lugares de Galicia.

Di Tonhito no prólogo do Diario, “teño que recoñecer que tentei ligar e dar forma ás frases soltas, ás experiencias e reflexións cando tomei a decisión de compartilo, pero non fun capaz. Vai literal. Isto forma parte do ‘Soro da Verdade’ e a verdade é o solar no que se sustenta cada palabra, claro está que é a que experimentei”. Ben doado de crer, máis ainda se o escoitas contar o que paso na viaxe. E remata, “estou convencido de que non todo o mundo ten a necesidade de saber que facemos aquí, nin considero que sexa realmente importante para o vivir diario”, o que hay entremedias é o que agardamos descubrir, dende o 18 do mes que ven…ou, no noso caso, as pezas que quedaron sobre o mantel no xantar de Riós.

 

También te puede interesar