Galicia

Manter a calefacción entre 19 e 21º e apagarla pola noite pode aforrar ate 350 € ao ano

Unha familia galega media ten un gasto en enerxía da orde de 2.600 €ao ano, distribuídos maioritariamente entre o consumo do vehículo, uns 1.300 €, e a calefacción, 650. Para rebaixar estas cifras o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), traballa na concienciación da cidadanía sobre a importancia do aforro e da eficiencia enerxética, un campo que pode permitir aforros no eido enerxético de ata un 35% do consumo familiar adoptando medidas que non supoñen ningún custo.

Un dos factores de maior importancia coa chegada do mal tempo é o uso da calefacción, campo no que, tal e como recolle a Guía práctica de aforro de enerxía elaborada polo Inega, se poden chegar a aforrar uns 350 € anuais de media. Nesta publicación, dispoñible na web do Inega, sinálase que unha temperatura entre 19º e 21º resulta suficiente para manter o confort nunha vivenda durante o día, recomendándose apagar a calefacción durante a noite xa que entón chega con que a temperatura oscile entre os 15º e os 17º. Neste sentido, cómpre salientar que, por cada grao que se aumente a temperatura, increméntase o consumo de enerxía nun 7%, o que supón un custo anual de 45€.

Outra medida sen custo neste campo é a optimización dos tempos de ventilación: dez minutos coas fiestras abertas resultan suficientes para renovar o aire dunha habitación. Ademais, deben evitarse tanto as filtracións de aire como o recubrimento dos radiadores con roupa que evita a difusión da calor.

Así mesmo, e fora do ámbito da calefacción, existen outros campos para aforrar enerxía nos fogares. Así, sinálase que a baixada dun só grao na temperatura do frigorífico aumenta o seu consumo un 5%, namentres que empregar o lavalouza nun programa económico e a plena carga aforra ata un 60% de enerxía. Ademais, unha condución eficiente, o emprego do transporte público ou a planificación das viaxes pode supor aforros próximos aos 500 € por exercicio no emprego do vehículo.

Grazas á adopción destas e doutras medidas de aforro e eficiencia enerxética é posible, que, sen investimentos adicionais e coa mesma calidade de vida, unha familia poida reducir o gasto anual ata chegar a unha media duns 2.000 € anuais, un gasto que ascendería ata os 3.200 € anuais de media se non se aplica ningún destes consellos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.