Galicia

Se queres vacinarte contra a gripe, ate o mes que ven non terás cita

A Consellería de Sanidade asegurou este venres que a campaña de vacinación contra a gripe “continuará con normalidade” en Galicia a pesar da inmobilización preventiva das vacinas da compañía Novartis…iso sí, a normalidade será en decembro posto que, aínda que as citas para vacinación que se pidan a partir de agora serán asignadas para o mes que ven.

Explicouno asi o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública quen precisou que estas medidas obedecen á necesidade de “adaptar o ritmo de vacinación ao ritmo no que se irán recibindo as novas vacinas” tras a inmobilización das de Novatris. Manuel Varela subliñou que dende o momento da suspensión preventiva, o día pasado día 26 de outono, a Consellería de Sanidade estivo en permanente contacto co Ministerio de Sanidad e con Novartis, seguindo a evolución da situación e lembrou que as 45.000 persoas que durante os dous primeiros días de campaña foron vacinadas coa dose de Novartis non presentan síntoma de rexeitamento algún, que non hai ningún risco e que a vacina “é totalmente eficaz contra a gripe”.

Varela indicou que a consellería espera que no prazo dun mes haxa un ditame definitivo sobre a posibilidade ou non de seguir administrando estas vacinas, e que os centros empregan na actualidade o outro tipo de vacina adquirido pola Administración galega, que xa se puxo en contacto con outras farmacéuticas para garantir a adquisición doutras vacinas.

Á espera da decisión definitiva, as  80.000 persoas que contan xa con cita previa para vacinarse durante este mes de novembro, poderán facelo con normalidade coa outra vacina adquirida pola Xunta, mentres que as que as 200.000 que se estiman poden pedir cita de novo dende este venres, serán atendidas o mes que ven, cando o SERGAS teña garantida a subministración necesaria das mesmas.

Ata o momento, adiantou o director xeral, Sanidade vacinou 250.000 persoas, dentro dunha campaña que se desenvolveu con “normalidade a pesar da suspensión preventiva, sen apenas incidencias e que, naqueles lugares nos que si tiveron lugar, foron faltas puntuais da vacina que se solucionaron en 24 horas.

 

También te puede interesar