Galicia

O BNG cualifica de «asasinato da banca» a morte da muller que ía ser desafiuzada en Barakaldo

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) advertiu de que o suicidio dunha muller este venres en Barakaldo cando ía ser desafiuzada é unha consecuencia da «banca asasina», polo que o cualificou de «asasinato». Pola súa banda, Anova, formación que lidera Xosé Manuel Beiras e que concorreu ás eleccións con Esquerda Unida dentro da coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), reafirmouse en que «determinadas políticas e recortes en sanidade matan».

En rolda de prensa, o voceiro nacional do BNG asegurou que  a«banca asasina fai o que lle dá a gana porque quen ten a obriga de facer algo non o fai». Para Guiellerme Vázquez a morte de Amaia Egaña «é un asasinato, non hai outro cualificativo, e ten como cómplices quen lle permite iso».

Ao mesmo tempo, a voceira do Bloque no Congreso esixiu ao Goberno que «se deixe de xestos propagandísticas e actúe dunha vez contra os criminais bancarios, que están a levar a moita xente á morte». Olaia Fernández reclamou a «comparecencia urxente» do ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, e a do presidente do Goberno para que «expliquen as medidas urxentes que van tomar» para parar os desafiuzamentos hipotecarios» e se «teñen previsto tomar medidas de apoio económico e social ás vítimas desta criminalidade».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.