Comarcas

Escolares de Tui, descubrindo a natureza

Hoxe venres clausurase a exposición Galicia conservando a natureza. Esta mostra organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta pretende que os galegos e galegas coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais.

Ademais, esta exposición quere sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras.

Ao longo desta semana varias grupos escolares achegáronse ata o anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui para realizar unha visita guiada a esta mostra informativa.

Tratouse dunha visita realizada cunha monitora especializada e onde os escolares do CEIP de Pazos de Reis  coñeceron a rede de espazos naturais de Galicia, entre eles o Parque Natural do Monte Aloia, que é o reflexo desa variedade de hábitats e especies que compoñen a nosa xeografía, unha rede de espazos naturais que está integrada por bosques, montañas, ríos, lagoas, marismas ou  illas, que axuda á conservación da biodiversidade que atesouramos no noso territorio.

Con esta nova mostra a Concellería de Cultura tudense continúa ofrecendo neste espazo expositivo unha nova mostra que amplía o abano de exposicións que, ao longo do anos, ocupan esta sala con moi diversas temáticas.

También te puede interesar