Vigo al minuto

Ábrese ‘Coñece a túa provincia’

O presidente da Deputación anunciou este venres a posta en marcha dunha nova edición do programa “Coñece a túa provincia” dirixida a asociacións de maiores, mulleres, discapacitados  e veciños, da provincia. @s interesad@s en participar disporán de prazo ata o 29 de novembro para presentar as solicitudes. Segundo explicou Rafael Louzán, este ano ofreceranse un total de 11 rutas, 4 máis que o ano pasado, polo que a Deputación prevé que participen na iniciativa unhas 15.000 persoas.

Ademais de contribuír a desestacionalizar e a promocionar o turismo e a fomentar o consumo e o dinamismo comercial da provincia “conseguimos con este programa que moitas persoas coñezan os edificios do patrimonio da Deputación, dende o Museo de Pontevedra, ata o Pazo Provincial, o Castelo de Soutomaior, a Finca de Mouriscade”, aseverou o presidente, quen engadiu que “Coñece a túa provincia” constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia que a Deputación puxo en marcha no ano 2008 e dende entón participaron nela preto de 40.000 persoas.

Na primeira edición da iniciativa a Deputación deseñou unhas rutas experimentais centradas na comarca de Pontevedra. En vista do éxito a Deputación impulsou no 2009 a Ruta de Mouriscade e o pasado 2011 a Ruta Arqueolóxica que achega ós cidadáns ata o entorno natural e patrimonial de Cerdedo. «Este ano sumamos 4 rutas máis ata un total de 11».

Esta iniciativa da Deputación contribúe ó mantemento dos empregos directos en sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio, a artesanía, e o turismo.  Para levar adiante este proxecto a Deputación conta coa participación dos negocios, museos, e distintos establecementos de interese das distintas zonas.

As rutas

Ruta Padroado: Deputación de Pontevedra + Palacete das Mendoza+ Pazo Lourizán + Museo Pontevedra + Castelo Soutomaior. Ruta do Descubrimento: Conxunto Histórico Baiona e Virxe da Roca.Ruta das Adegas : Conxunto Histórico – Artístico de Cambados+ Museo Etnográfico do Viño +  Muíños de Barrantes + Adega. Ruta Pazo de Oca– Lalín e Pazo de Anzuxao (Fábrica de queixos): Pazo de Oca+ visita a Lalín+ Fábrica de queixos Anzuxao + Pazo de Oca. Ruta Poio e Combarro: Visita a Poio, Monte Castrove, Mosteiro de Poio, Mosteiro de Armenteira e  vila de Combarro.  Ruta Mouriscade: Laboratorio e Finca Mouriscade, Museo de Doade. Ruta da Armenteira: Mosteiro +Meis +Monte Castrove, Pazo Señoráns. Ruta Arqueolóxica: Parque Arqueolóxico de Campolameiro + Rodeiro+Cerdedo. Ruta Marítima Illa San Simón e Redondela: Praia de Cesantes-Redondela+Ruta marítima con destino á Illa de San Simón. Ruta Marítima Ría de Arousa: O Grove+ A Toxa+Praia de A Lanzada+ Portonovo+Sanxenxo+Monte Siradella. Ruta Marítima Illas Cíes e Vigo: Ruta marítima pola Illas Cíes+Visita guiada polo Berbés+ Monta da Guía.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.